25/08/11

Conclusión

     Moitas veces pensei, que a vida non serve a pena vivila porque ao final non imos salir dela.Porque, para que os ríos nacen nas montañas se ao final van acabar no mar?
     Moitas veces pensei que vivimos de ilusións e intentando evadirnos da realidade, e é certo. Creamos as nosas propias ilusións para ter un motivo, simplemente un motivo para vivir e continuar adiante.
     Costa, si seino, que é dificil? Tamén o sei, pero neso consta o xogo da vida, no cal é intentar levala o mellor posible ata o final, sen ter que utilizar a palabra "Exit" porque non hai a palabra "Reset". Continuar, ata que, por fin, apareza a palabra "Game Over".
Aí é cando poderemos por fin descansar.

23/07/11

Para os que non me coñezan

-Cando queira engañarvos, engañareivos e non vos ides dar conta. E se vos dades de conta é porque eu o quixen.


-Cando digo "no, no no por favor, para" ou calquera cousa moitas veces é que quero decir o contrario inconscientemente.


-Gústame vacilar aos tipos que se creen moito.


-Se quero saber unha cousa digoa sen rodeos.


-Se me gusta alguén non se soe notar, e ilusiónome moito e se estou a punto de conseguilo pois acobárdome.


- Cando estou enfadada ou triste o que máis me gusta é que me den un abrazo de aquí a mañá, aínda que pensedes que vos arrearía unha hostia acto seguido, cousa que non é así.


-Cando quero alguén, queróo de verdade! (a amigos porque....)


- Nunca me oiredes falar dun rapaz decindo "Oh estou enamorada del" ou " el é o meu todo" (a non ser que sexa Ían Somerhalder -Damon Salvatore- que é o meu amor platónico jaja) porque o meu TODO son os meus amigos e a familia.


-Nunca abandonarei aos que nnunca me abandonaron sen arrepentirme.


-Se hai dous lados, un branco e un oscuro, eu elixo o escuro.


-Cando xa levo demasiado tempo sen que me pase nada malo e estou rindo sempre, é que estou finxindo ou é que algo vai pasar moi mal!



- Adoro que me den un detalle (sen pasarse)



- Non adoito ser curisi.



-Non me gustan as cursiladas



-Ou se me dí que estou mal ou nada pero non é que sexa do meu agrado decirme que son guapa e que llo digan as máis feas que haxa!


-Gústame a xente que teña humor pero tamén que sepa ser seria.


-Non me considero tímida.


-Teñolle pánico ao "amor"



25/06/11

Someterse non é comprensivo

Pídenme máis do que son,
sen me dar algún motivo para o ser,
quixera ser o que queren,
quexerame parecer...

Tentarei non cometer erros,
tentarei ser perfecta
tentarei olvidar os sentimentos,
quedando incompleta.

Envólvome nun mundo libre de opinións,
no cal os sentimentos gobernan,
as miñas opinións están apartadas nun rincón
e os meus sentimentos na cárcere clemencia pregan.

Intento evadirme do mundo,
intento pensar como el,
xa que se non podes co inimigo
únete a el...

Podo ser máis,
podo realizar os meus soños
pero canto máis me somenten,
menores serán os meus logros...

07/06/11

Segue o teu camiño, sen min

Teño o soño máis bonito
de todos os que puiden soñar,
soñei que estaba contigo
e de ti me conseguía escapar.

Tal atadura teño a ti 
que me fai dificil, sen ti, vivir
quero que sexa pasaxeiro,
porque non quero que isto sexa verdadeiro.

Por iso paso de ti,
para que isto chege á súa fin,
e deixar que a maxia pase...
ante esta fermosa paisaxe.

Pero ti eres quen o fai dificil
déixame e cara diante debes seguir,
non sabes do meu pesadelo
no cal o tempo é o demo.

Déixame e non te fixes en min
non cometas o mesmo fallo que eu cometín,
estas caendo na mesma trampa 
na que eu caín presa.

Esta adicción de querer o que non tes,
de querer o imposible,
de amar ao que te evita
nos somos as súas víctimas.

Teño medo de admitir
de pensar que ti poidas estar por min
sendo que mo propuxen conseguilo
agora estou aquí intentandoo evitar
porque teño medo de ti, como unha tola,             me enamorar

04/06/11

Aínda non un día


O 3 de Junio á hora da cea, meu pai aparcou o coche no xaraxe e eu deixei todo o que estaba a facer e fun correndo ata o seu coche, Chenoa, a pastor alemán, quedouse ulindo o carrito dos cans que trouxera meu pai enganchado ao coche. Ao ser noite non via moito pero oía como unha cadela lle rosmaba á Chenoa. Acerqueime con medo de que me mordese pero arrecuei cando meu pai sacou do asento do copiloto un canciño pequeniño, duns 6 meses aproximadamente. Collino en brazos e leveino para dentro da casa, ensineillo a Nuria, unha cadela sen raza moi parecida a un coello, e finalmente á miña nai que lle saeu esa risiña de felicidade ao ver un ser vivo tan fraxil.
Non me dera de conta que deixara a porta aberta así que entrou Chenoa, deille a cámara a miña nai e senteime no chan, en principio para sacar unha foto só co canciño novo, pero Chenoa sentouse ao meu lado e familiarizouse co novo canciño. Estiven toda a noite intentando buscarlle un nome que describise as sensacións que me transmite como euforia, ternura...
Hoxe, levanteime xa cos nervos ás oito e media, sendo que me podía levantar á hora que me pracese, almorcei e corrín ata onde se atopaba o canciño máis a outra cadela, estiven con eles no caseto moito tempo e saquei ao canciño para afora, o cal me inundou de felicidade!
Despois de comer fixen o mesmo, recoñezo que estaba algo de mal humor pero ao ver a esa criaturiña pasáronseme os males e feliz saqueille as seguintes fotos e aínda máis. 



26/05/11

Critica aos gobernantes deste país

Teño a boca seca
de non decir nada
e quizais
estas sexan as miñas mellores palabras.

Palabras das que vivo
nun mundo xordo
no que viven de prexuizos
de solticio en solticio.

Na miña terra deixaron lama
e no meu lume deixaron cinzas
vivo nun pallote chamado casa
nos que todos somos Galiñas.

E pensar no eterno horizonte
é como buscar a sorte,
nunca se esgota
pero case nunca se encontra.

Son o peón dun xogo,
dun xogo chamado país
acurrucada e sola
deixando que manden en min.

Pó.

Po, que voas ao meu carón,
po, que te aloxas no meu corazón,
non quero que marches,
aínda que o vento se levante.

Non quero deixar o meu corazón ao descuberto
ante un mundo despiadado
e sentirme soa cando teño medo
sentindo que non teño a nadie ao lado.

Teño medo desas inseguridades gardadas
que son a base da miña autoestima
e se alguén mas quita
botarán a perder a miña vida.

Geño sentimento
malos e bos momentos,
non sempre teño unha sorrisa na cara
pero ante todo son         humana.

Por iso, po que cubres o meu corazón
como a sombra que sempre está ao meu carón,
non me deixes sen esa protección
que me dá a ledicia e a pasión.